A Costa da Morte homenaxea a Neira Vilas

07:09 13/01/16

Canto lle debe a Costa da Morte a Neira Vilas. O histórico escritor, falecido o pasado mes de novembro, tiña na nosa bisbarra un recuncho especial. Debía pola caloriña da Lareira da Fundación Eduardo Pondal, á que tantas veces se achegou. A última, cando fixo entrega dos últimos Premios Bos e Xenerosos o pasado mes de outubro.
Por iso, a Fundación Eduardo Pondal quere renderlle unha sentida homenaxe. Farao o vindeiro 31 de xaneiro, ás 17:00h na Casa da Cultura de Ponteceso.
Foi o ilustrador Xaquín Marín quen deseñou o cartace, e estamos á espera do programa.
Novas relacionadas
- Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP.
- Neira Vilas recolle a semente que deixaron 5 costeiros en América.
- Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).