A Garda Civil incauta en Corme dúas embarcacións e 68 quilos de centola


Non tiñamos novas desta clase de intervencións da Garda Civil en relación co furtivismo na Costa da Morte dende o ano pasado. Pero onte mesmo, Axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña incautaron no porto de Corme de algo máis de 68 quilos de centollas que foran extraídas por persoas que carecían de o preceptivo permiso administrativo.
Ademais, a Garda Civil tamén incautou dúas embarcacións coas súas respectivas motores “foraborda” e dous equipos de buceo completos, para a súa utilización na comisión de senllas infracciónsen materia de pesca marítima.
Así, eran as 14:00h da tarde cando os axentes da Garda Civil procedían á aprehensión dunha lancha da sétima lista tras observar como o seu patrón, aínda vestido con roupa de neopreno, descargaba no porto de Corme dous capachos contendo algo máis de 30 kg de centolla e varios pulpos.Unha hora e media máis tarde, os gardas civís identificaban no mesmo porto a outro home, tamén patrón dunha lancha foliada para uso recreativo, tras fondear baixo os pantalanes máis de 37 kg do mesmo crustáceo. Ao igual que o anterior, resultou carecer do permiso de extracción, polo que se procedeu á incautación do marisco, da embarcación co seu motor.
A Garda Civil, dentro do actual e estreito acordo de colaboración con a Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, participou ambos feitos á Sala de Operacións, que determinou a incautación das centollas e de parte do polvo, así como das embarcacións e resto de efectos, desprazando ata o lugar un remolcador do Servizo de Gardacostas que se fixo cargo dunha das lanchas intervidas e de varios obxectos relacionados coa infracción.
O marisco, que aínda estaba vivo, foi devolto ao mar.
Novas relacionadas
- 10-12-13: 150 quilos de percebe incautados en Malpica.
- 25-10-13: Operación Jaulón: Decomisados 7500 quilos de xarda ilegal.
Fonte
- GC.