A Noite dos Encantos da Furna do Osmo prepara o seu 15 aniversario
18:00 21/05/14
Un dos festivais máis singulares da Axenda Sonora da Costa da Morte cumple 15 anos. Falamos da “Noite dos Encantos na Furna do Osmo”, unha noite especial no corazón de Corme, onde o bo de Suso Lista caza cada día unha mostra da arte efímera que a natureza nos regala.
Este 2014, a xente da Noite dos Encantos (xa temos falado dos nosos amigos os “Encantos”), están preparando unha noite especial polo 15 aniversario.
E xa temos data para a Festa do Percebe do Romncudo, tamén temos que reservar a noite do venres 29 de agosto, para achegarnos a Corme.
As actividades arrincarán pola tardiña con títeres para rapaces e adultos, maxia, foliada... E xa pola noite, a música invadirá a furna. Estaremos atentos a confirmacións!
Novas relacionadas
- Dous Susos, dous libros.
- Unha bisbarra con Encantos.
- 2008: Noite de encanto, furna luminosa.
- Recunchos da Costa: Furna do Osmo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).