A praia de Valarés ponse de longo para bailar
Pensando xa no Festival V de Valarés está cada grao de area da praia pontecesá. Teñen gañas de música, pero antes, toca poñerse guapos.
Así, a Deputación da Coruña ven de realizar diversas actuacións de mellora no entorno da praia (oficialmente aínda coa B) e a área recreativa, de cara a mellorar as instalacións e os servizos da zona durante a tempada estival, na que recibe un notable incremento de visitantes.
As accións incluiron a retirada das barbacoas e adecentamento e limpeza da zona onde se ubicaban, a reparación e substitución dos bancos de madeira, a reparación de diversos elementos de madeira danados na pérgola do edificio e na zona de acceso aos aseos, a limpeza do canal de recollida de pluviais que ocupa a marxe do vial de acceso á praia e o recheo dunha explanada con zahorra situada na parte posterior do edificio.
Novas relacionadas
Fonte
- Deputación.