A xuventude do rural reúnese na lareira da Fundación Eduardo Pondal


O vindeiro sábado 7 de xaneiro, de 11.00 a 13.30 h, a Fundación Eduardo Pondal organizará unha xornada titulada "Novos TEMPOS e Novos RETOS" para a xuventude do rural coa que se pretende poñer en valor as oportunidades das que pode gozar a mocidade fóra do ámbito urbano.
Na distintas sesións participarán José Luís Fondo Aguiar (presidente da Fundación Eduardo Pondal), Ovidio Rodeiro Tato (director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia), Susana Cousillas (concelleira de Xuventude do Concello de Ponteceso), Benito Pastoriza (xerente da empresa de ocio xuvenil Marexada) e Lucho Penabade (director da obra de teatro de rúa Noites do prácido luar).
A orde do día abrirase coas intervencións Ovidio Rodeiro, José Luís Fondo e Susana Cousillas. A seguir, proxectaranse varios vídeos nos que amosa o deenvolvemento de actividades organizadas para a xuventude no seo da Fundación Eduardo Pondal ou da Asociación Cultural Monte Branco. Entre estas actividades están as lecturas colectivas, a Escola de Verán, a participación da xuventude de Ponteceso na EMAX, o festival con V de Valarés e a Escola de Música e Danza Tradicional. A continuación, Lucho Penabade, director do grupo Os Quinquilláns, poñerá en valor a obra de teatro de rúa Noites de prácido luar que chegou a ser representada no pasado ano no programa das Festiletras e na Feira Histórica de Arteixo.
No plano máis lúdico, Benito Pastoriza, xerente da empresa Marexada, disertará sobre as alternativas de ocio para o rural, centrándose especialmente nas oportunidades que ofrece o esteiro do Anllóns e os seus arredores.
María Xosé Imia, moderadora e coordinadora da actividade, elaborará unhas conclusións extraídas das distintas participacións que se repartirán entre todos os asistentes.
O broche final poñerao a voz de Alba Costa coa interpretación musical do tema Lela de Alfonso Daniel R. Castelao, no día do 52 aniversario do seu falecemento deste rianxeiro.
Novas relacionadas
- Corme homenaxea a Víctor Mosqueira cun mes de películas.
- Aspaber e a Fundación Eduardo Pondal asinan un convenio coa Deputación.
- Diana Varela presentou o seu primeiro poemario dixital aos fillos de Pondal.
- Un derroche de arte poético na vila da poesía.
- Unha viaxe pola nosa memoria coa vimiancesa Dolores Canosa.
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal.