Martes. 30.04.2024
El tiempo

Abellariza bótase a andar

Abellariza bótase a andar
balares O vindeiro 28 de maio sae unha andaina dende Valarés Son varias as andainas que teñen preparadas para estes días a agrupación deportiva Abelliza IES Ponteceso. A primeira delas terá lugar este venres, día 19. Percorrerán os dous quilómetros que separan Ponteceso do lugar de Lagares. A saída terá lugar ás 21:30 horas da praza do Recheo de Ponteceso para chegar ao Pozo da Señora sobre as 22 horas e desfrutar alí da representación da obra "As Lavandeiras" que corrererá a cargo da compañía Daboapipa. A obra centrada na figura das “lavandeiras”, emplea unha técnica teatral a medio camiño entre o conto e o teatro mais tradicional. Conta con música en vivo, lendas, cantos e contos, sen olvidar o humor e as situacións cotiás mais curiosas. Esta representación está incluída no programa das Festiletras 2017 organizadas pola FEP Fundacion Eduardo Pondal. Percorrendo o concello E xa o domingo 28 de maio a organización ten preparada unha andaina por varios puntos do municipio pontecesán. O percorrido comeza no pinar de Valarés para continuar ata o Monte Branco. Dende este punto, un dos máis altos do concello, os camiñantes poderán observar o faro de Brantuas, Punta Nariga, Corme, Camelle, Arou, Laxe e a Tiñosa. Logo a andaina continuará polo lugar de Froxán e dende alí regresarán ata Valarés baixando polo Monte da Facha. Esta andaina circular ten uns nove quilómetros de distancia de dificultade moderada. Os interesados en participar deben anotarse previamente enviando un correo electrónico á dirección [email protected] ou deixando unha mensaxe privada na páxina de Facebook da entidade. O custe de inscrición é de 5€.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios