Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Abellariza e o deporte

Abellariza e o deporte
carreira-pedestre-abellariza Os corredores máis novos da asociación deportiva Abellariza recibiron cadansúa medalla por participar na carreira pedestre de Ponteceso Suma e sigue. A asociación deportiva Abellariza IES Ponteceso vén de sumar outro tanto durante a 4ª carreira pedestre PR-G148 concello de Ponteceso que tivo lugar o pasado domingo. Así, socios e socias da entidade colaboraron na organización do evento e participaron como corredores e mesmo algún deles se subiu ao podio. carreira-pedestre-ponteceso Corredores de toda a comarca partiparon o pasado domingo na 4ª carreira pedestre pola vila de Ponteceso I travesía a nado Balarés Agora todos os esforzos da agrupación deportiva están postos na organización da I Travesía a nado Balarés, unha proba onde os nadadores terán un percorrido circular de 3,3 quilómetros con saída dende a praia de Balarés até a praia Area das Vacas, onde darán volta para chegar a meta no mesmo punto de saída. A cita é o 23 de xullo ás 12 horas. A inscrición ten un custe de 20 € e inclue un regalo conmemorativo da proba, gorro, avituallamento, clasificacións e cronometraxe con chip e seguro de accidentes. As prazas están limitadas a 100 nadadores e xa hay 41 inscritos por medio da plataforma www.championchipnorte.com. Abelliza conta coa colaboración e patrociono do concello de Ponteceso, da casa rural de Verdes e Eroski. A organización está na procura de máis patrocinadores para cerrar e presentar o cartel da proba antes do 23 de xuño, xusto a un mes da proba. Así que dende aquí fan un chamamento ás casas comerciales para que fagan a súa achega. Os interesados en colaborar poden poñerse en contacto con eles a través do enderezo electrónico [email protected] ou enviando unha mensaxe privada á súa páxina de Facebook. Tamén lle agredecen a todo aquel que teña unha embarcación, (canoa, piragua ou kayak) e que queira acompañar aos participantes, que contacte coa organización.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios