Sábado. 27.04.2024
El tiempo

“Un alcalde non pode, segundo a Lei de Espectáculos, nin autorizar nin denegar unha festa promovida por veciños”

Publicacion FACEBOOK Concello Ponteceso
Esta foi a publicación do FB do Concello de Ponteceso
“Un alcalde non pode, segundo a Lei de Espectáculos, nin autorizar nin denegar unha festa promovida por veciños”

Contabamos esta semana que a incerteza volve enlear as Festas da Pilarica da Trabe. Pero faltaba a aparición do alcalde, Lois Carballido, para botar máis leña ao lume.

Vén de facelo utilizando as redes sociais municiais, con este comunicado no que afirma denegar a organización da festa por parte de dous veciños do Concello pontecesán. Unha decisión “moi grave”, segundo o técnico de contratación da empresa L+1 Espectáculos, que mantén a contratación da orquestra “Unión y Fuerza” para o martes 11. “Un alcalde non pode, segundo a Lei de Espectáculos de 2017, nin autorizar nin denegar unha festa promovida por un grupo de veciños”, asegura. “É un sinsentido, e é máis grave que utilice as redes sociais municipais para anunciar unha decisión unilateral, como me aseguran os técnicos municipais e outros concelleiros, sen ter ademais ningún informe técnico negativo”. “Un alcalde non pode chegar a esta situación por unha lea persoal. Hai que cumplir a lei, e se a cumplen, nada pode facer”, sentenza.

Explica que a Lei de Espectáculos deixa moi claro que o único necesitario é presentar a Declaración Responsable de que se vai coller un seguro de Responsabilidade Civil, tanto a organización como cada barraca ou elemento da festa.
A empresa ten o asunto xa nas mans da avogada para que analice a situación e ver se é necesario tomar medidas.

Para os dous veciños que están intentando sacar adiante o evento, “todo é unha bomba de fume. Nós temos todo en orde, e a semana que vén imos presentar, dentro do prazo, os documentos que nos faltan, polo que seguimos adiante, dende logo”.

O alcalde sinala no comunicado que os proxectos teñen “graves carencias” e que “non cumpren os requisitos”, pero a realidade é que os prazos para presentar a documentación restante. Ademais asegura que hai unha resolución denegatoria motivada que por agora non recibiron os promotores.
Mete polo medio ademais o alcalde á Comisión de toda a vida, un feito que non fixo ningunha gracia aos seus membros.

Novas relacionadas

Comentarios