Sábado. 10.12.2022
El tiempo

A alegre mensaxe nunha botella que atopou Lucas na praia da Ermida

Lucas trigo ten unha mensaxe
Lucas Trigo atopou unha mensaxe nunha botella na praia da Ermida
A alegre mensaxe nunha botella que atopou Lucas na praia da Ermida

Que fermosas a historias mundiais que pasan nos nosos areais. Esta semana, unha familia de Corme, paseando pola praia da Ermida, atopaba unha botella. Era o pequeno Lucas Trigo o que daba con esta pequena botelliña verde no medio do argazo.

A botella coa mensaxe

mensaxe nunha botella

Maior sorpresa levou cando se decatou de que dentro había un papeliño. “Como nas pelis”, pensou. Abriuna e leu: “Ich bin mit mir sufrieden! Mit allem was ich tu e und jeden tag”.

Houbo que acodir ao tradutor para comprobar que a mensaxe viña nun ton máis que alegre: “Estou feliz comigo mesmo! Con todo o que fago e todos os días”.

Agora, como na mítica canción de The Police, Lucas quere amosar a carta para atopar ao autor de tar fermosa mensaxe. Compartamos para conseguilo!

comentarios