Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Bandeirola colaborativa vestirá a fachada do MACCMO a partir deste sábado

Bandeirola MACCMO
A Bandeirola colaborativa vestirá a fachada do MACCMO a partir deste sábado

A fermosa iniciativa colaborativa do activísimo Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte de Corme está convertíndose en realidade. A Bandeirola creada coas obras artísticas dos veciños e veciñas do Concello de Ponteceso vai collendo forma e será colgada para vestir a fachada do MACCMO nun célebre e motivo activo este sábado 28 de agosto ás 12:00.

En total empregáronse 64 pequenas lonas (35cm x 35cm) que irán unidas para conformar o gran mosaico que representará ao museo. A través de pintura, traballos de redeiras, debuxos, collage, punto de cruz, bordados e mesmo fotografías que están presentes, nestas pezas e obras artísticas únicas creadas por persoas de entre 7 e 90 anos, na bandeirola.

A sétima ruta de “Camiñar na noite”

A sétima ruta de “Camiñar na noite” celebrarase o próximo venres. Os participantes percorrerán A Bugalleira nunha andaina que comezará ás 21:30 horas. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso. Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico [email protected].

Comentarios