Cee e Ponteceso acollen cursos de preparación de competencias clave dirixido a colectivos desfavorecidos

08:38 15/01/20
A Biblioteca Municipal de Ponteceso, e o Concello de Cee acollerán a partir do luns 20 un curso de preparación de competencias clave.
No caso pontecesán será na Biblioteca e está organizado pola Fundación Radio ECCA Canaria coa colaboración do Concello de Ponteceso.
A nova acción formativa, enmarcada no Plan de Inclusión da Xunta de Galicia, está dirixida a persoas en risco de exclusión social e colectivos desfavorecidos.
- A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020 e o prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020.
- Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
- O
- Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.