Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Manuel Gago liberou aos Viquingos de Bergantiños

Manuel Gago liberou aos Viquingos de Bergantiños

Esta pasada fin de semana, A Tenda dos Libros, en Ponteceso, acollía unha das súas conferencias deste outono cultural. O protagonista foi un dos blogueiros máis influíntes do país, un coñecido e namorado da nosa bisbarra, que hai pouco nos concedía unha interesante entrevista. Foi Pepe Albores o responsable de presentar ao poñente, Manuel Gago.

A charla deste pasado 14 de outubro rondaba sobre o mundo viquingo en Galicia, ese gran descoñecido. Baixo o título da “República dos Homes Libres”, Gago cuestionou a imaxe dos vikingos ofrecida en Galicia polas fontes máis coñecidas, as eclesiásticas, e repasou outras fontes da época que informan de xeitos de proceder máis complexos por parte dos piratas: desde comerciantes ata secuestradores ou mercenarios, conformando unha visión máis complexo do fenómeno da piratería normanda.

E por iso, por non estar reflexados nas escrituras eclesiásticas, non se atopan xacementos nin outras probas que fagan referencia a estes tempos. E precisamente sobre xacementos pode que en breve salten novas rotundamente impactantes sobre algún achádego histórico, mentres os especialistas agardan que se explore a estrana formación circular do Cabo C.

Gago os representa como negociantes, non só como mercenarios arrasadores, como parece ser a súa fama na Europa sureña, e aludiu a algunhas sagas vikingas que aluden á colaboración entre labregos galegos e normandos.

Tivo tempo para falar de petroglifos, un dos grandes misterios do noso país. E tamén de Castelos, castelos construídos en zonas de difícil aceso, con fortalezas onde os tramos de muro altérnanse con gratino auténtico das montañas galegas. Por suposto, os 3 castelos recén descubertos no Monte Pindo foron os protagonistas.

Agardamos pois achegalo a outras partes da bisbarra nos vindeiros tempos, para que todo o seu saber se espalle pola zona.

Novas relacionadas

Historias das Repúblicas de Homes Libres en www.manuelgago.org

Máis novas

Fonte

Comentarios