Venres. 19.04.2024
El tiempo

As científicas toman o IES Eduardo Pondal

Exposición Ciencia IES POnteceso
As científicas toman o IES Eduardo Pondal

Co gallo do Día Internacional da Muller (8 de marzo) e o Día da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro), e para achegar á mocidade a importancia que a muller leva tendo no mundo STEM (acrónimo que designa as disciplinas académicas de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), o IES Eduardo Pondal de Ponteceso acolle estes días a exposición «#SomosQuen: científicas preto de TI».

Unha mostra do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), na que son protagonistas nove investigadoras do eido da tecnoloxía, que están en distintas fases da súa carreira e que reflexionan sobre o seu papel como mulleres e científicas deste centro.

«Non te conformes», «Nada é difícil se che gusta», «Busca e decide» ou «Atrévete comigo!» son só algunhas das mensaxes que envían ás rapazas e nenas máis novas.

Comentarios