Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Concurso de Pintura ao Aire Libre enche este sábado as parroquias Ponteceso de arte

Certame Pintura Aire Libre Ponteceso ALvarez Sotomayor
O Concurso de Pintura ao Aire Libre enche este sábado as parroquias Ponteceso de arte

Este sábado 23 de xullo o Concello de Ponteceso convertirase na capital da arte co VI Certame Internacional de pintura ao aire libre “FERNANDO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR”, un concurso organizado conxuntamente coa Fundación Pondal e o Concello de Ponteceso.

Entre as 9:00h e as 11:00h copletaranse as inscricións no Centro Cultural "Xosé Neira Vilas". A partir de aí os artistas serñan serán levados aos espazos pictóricos nas 14 parroquias do concello (ver abaixo)

Máis actividades

Pero ademais, haberá Tren Turístico:

  • 10:00/12.00 HORAS Con saídas desde a praza de Pazos
  • 12:45/14.45 HORAS Con saídas desde a praza da Ribeira de Corme.
  • 16:30/18.30 HORAS Con saídas desde a praza do Recheo de Ponteceso.

Haberá pasabares dunte o mediodía e ó serán nos lugares de A Bugalleira, Pazos, Corme Porto, A Trabe e Ponteceso, cos grupos Xa Era Hora, Charanga A.C.D.C, Banda de Gaitas Inllar

  • 13.30 HORAS Danza tradicional na praza do Recheo.
  • 14.30 HORAS Sesión vermú no paseo fluvial.
  • 17.30 HORAS Recollida de cadros na praza.
  • 18.00 HORAS Os pasabares en Ponteceso.
  • 19.00 HORAS Entrega de Premios na praza do Recheo.
  • 19.00/21.00 HORAS Exposición e venda de cadros non premiados.

Emprazamento dos pintores nas catorce parroquias.

-A Graña Arredores de San Vicenzo
-Anllóns Campo do Rúio
-Brántuas Nosa Señora do Faro
-Cores Arredores igrexa parroquial
-Corme Aldea Aldea do Roncudo
-Corme Porto Paseo marítimo, (porto)
-Langueirón Igrexa e outros
-Nemeño Pazo e Campo da festa
-Niñóns Praia
-Pazos Praza e Igrexa
-Tallo Praza

Novas relacionadas

Máis cousas na Axenda Costa da Morte

Comentarios