Venres. 19.04.2024
El tiempo

Convocan unha Andaina polos espazos naturais afectados polo PE Salgueiras

eolicos salgueiras andaina
Convocan unha Andaina polos espazos naturais afectados polo PE Salgueiras

A Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras e a Rede galega por un Rural Vivo organizan unha nova actividade dentro das Xornadas Cantís do Canteiro.

O día 20 de novembro ás 10:00h está programada unha andaina polos espazos naturais de Ponteceso. O punto de partida será a Praza do Recheo para continuar polo Malecón, Esteiro do Anllóns, Praia de Balarés, Cantís do Canteiro e Monte Branco. O itinerario transcurre pola ruta homologada PRG - 148.

”Con estas actividades lúdico reivindicativas queremos informar e concienciar que ante hábitats e paisaxe de tantísimo valor, un parque eólico é unha agresión medio ambiental inxustificable”, explican dende a Plataforma.

Comentarios