As curiosas intervencións no río Anllóns
Estamos estes días recibindo novas crueis arredor do Río Anllóns, por iso queremos recoller hoxe unha curiosidade digna de disfrutar pola esta arteria bergantiñá.
Entre a ponte da Garga e a ponte da Carceza, pasando polo Campo da Capilla ou polo Muíño da Saímia, e no marco dunha fermosa ruta polo río Anllóns entre Ponteceso e Cabana, o río convírterse en espazo expositivo. Hai certas pezas incorporadas nas beiras, como pequenos miradoiros feitos de madeira, ou cadeiras instaladas en polas e troncos, que fan reflexionar, se cadra, sobre a reciclaxe, sobre a necesidade de parar a disfrutar a nosa natureza.
A artista culpable destas intervencións artísticas mantense agochada. Non sae á palestra e nin os lugareños coñecen a autoría das mesmas. O que si notan é de cando en vez aparece un detalle novo. Entre os últimos, unhas bicis colgadas das polas da árbore.
Animámosvos a facer esa ruta, e disfrutar da estrana paisaxe que deixan estes elementos, e que nos contedes que vos parece.