Donosti degustou os manxares de Bergantiños da man da Deputación

Silvia Facal, chef do Restaurante Hotel Balarés, foi protagonista da xornada da Deputación en Donosti

Segue aproveitando a Deputación a temporada baixa para levar a nosa gastronomía polo territorio estatal. Xa estiveron no Madrid Fusion, no Forum Gastronomic de Barcelona, ou no Xantar de Ourense, e esta semana están en Donostia levando a caravana "A provincia que sabe”.

O emblemático hotel donostiarra “Nobu” acolleu a presentación provincial, que tivo un amplo protagonismo costeiro. Diferentes produtores locais e as xentes do Restaurante Balarés, de Ponteceso, ofreceron a un público profesional produtos de calidade cociñados pola chef Silvia Facal.

Foto de familia

A cita comezaba cun showcooking a base de produtos de quilómetro cero como os berberechos do Anllóns, as verdinas de Coristanco, os longueiróns de Fisterra ou o polbo de Mugardos, maridados con vermús Lodeiros, viños da provincia, de Choiva Viños e cervexas de Estrella Galicia. Continuaba coa sobremesa na terraza, a cargo de Cafés Lúa, que aportou os cafés; Licores Bello Blanco, co licor café; queixo Galmesán e a tarta de améndoa de Vila Sen Vento.

Os produtores salientaron a gran oportunidade que supón para eles poder exhibir o seu traballo en espazos tan relevantes e profesionais como este, onde conseguiron contactos comerciais e onde tamén tiveron a oportunidade de darlle visibilidade ás súas marcas ante un sector da restauración con moito interese polos saberes e sabores da provincia.

“Queremos exhibir a nosa provincia en foros moi específicos, da man de chefs e produtores que son a nosa mellor marca”, apuntou o vicepresidente. “Neste sentido, Donostia é un mercado moi atractivo, onde mirarnos como sector turístico e gastronómico, e tamén onde vender turismo.

Intervención de. Xosé Regueira

Máis novas