Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Deputación leva a Costa da Morte do Xantar de Ourense ao Forum Gastronómic de Barcelona

  • O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, recolleu un dos Premios Xantar Internacional 2023, á mellor actividade relacionada coa saúde e a nutrición.
Deputacion da Coruna coa Costa da Morte no Xantar
A Deputación leva a Costa da Morte do Xantar de Ourense ao Forum Gastronómic de Barcelona

Xa vimos como foi a presenza dos sabores mazaricáns e dos pinchos irmandiños na 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar.

Unha feira na que a Deputación da Coruña centrou a súa presenza na Costa da Morte, pois ademais tamén estiveron presentes as fabas de Ponteceso e o Percebe do Roncudo, e varios produtos de Carballo. Cafés Lúa, o Chocolates Mariño e “A despensa D’Lujo” levaron os seus produtos carballeses de máxima calidade á feira.

Ata Ourense, o ente provincia, levou a marca turística e gastronómica “A provincia que sabe”. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, recolleu un dos Premios Xantar Internacional 2023, á mellor actividade relacionada coa saúde e a nutrición. Aproveitou para presentar na súa intervención institucional a nova guía turística da provincia da Coruña.

A Barcelona

Xose Regueira en Xantar
Xose Regueira en Xantar

Sen tempo, a comitiva provincial viaxa xa a Barcelona para participar no Fórum Gastronómic do 6 ao 8 de novembro. A entidade contará cun stand propio con diferentes actividades: vermús, showcookings, degustacións, charlas e ata unha exhibición da queimada,
“Queremos dar a coñecer non so a nosa riqueza gastronómica e paisaxística, senon tamén a nosa idiosincrasia, que nos fai tan únicos”, sinala o vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira. “Todo iso forma parte do atractivo turístico da provincia”.

Desta volta, levará varias experiencias costeiras.
No caso da Ría de Muros – Noia, os chefs Pepe Senande de “A muradana de Muros” e Fernando Rodríguez e Eva Mª Guzmán, de “O Secadeiro de Outes”, cociñarán diferentes pratos con produtos da ría.
Da Costa da Morte, estarán Adrián Loureiro e Alberto Cuenca, de “Furna Atlántica” de Caión (Laracha) e Silvia Facal, de “Balarés” (Ponteceso) preparando menús a base de peixes e mariscos da zona.

Tamén haberá xentes de Ferrolterra, como Adrián Pérez de “Sinxelo de Ferrol”; e de As Mariñas, como Lolo Mosteiro e Paula Martínez, de “A Artesa da Moza Crecha” (Betanzos).

Máis novas gastronómicas

Comentarios