Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Deputación leva ao Madrid Fusion a cociña da Costa da Morte

  • Nos vindeiros días, pasarán tamén pola cociña de turismo da Deputación os chefs de Terra de Fisterra, Pementa Rosa, Restaurante Balarés e A Artesa da Moza Crecha
Xurxo Agrasar no Madrid Fusion coa Deputacion da Coruna
Xurxo Agrasar no Madrid Fusion coa Deputación da Coruña
A Deputación leva ao Madrid Fusion a cociña da Costa da Morte

 A área de turismo da Deputación despunta en Madrid Fusión coa participación dalgúns dos mellores chefs da provincia, que imparten showcookings protagonizados por produtos de quilómetro cero.

Durante a primeira xornada, pasaron polo stand da entidade provincial os cociñeiros dos restaurantes As Garzas, de Malpica; A Maceta e Xearte Brigitte, de Santiago e Sinxelo de Ferrol.

Restaurantes de primeiro nivel

A Deputación trata, deste xeito, de poñer en valor a gastronomía da provincia, a través dos profesionais da cociña e da produción agroalimentaria e, ao mesmo tempo, aumentar a súa visibilidade. “Para nós é un orgullo representar a Costa da Morte nun espazo como este”, sinalaron desde As Garzas.

Durante as xornadas de mañá e pasado, o stand da Deputación acollerá tamén showcookings do recente gañador da Estrella Michelín Terra, de Fisterra. Tocará estarmos atentos porque Brais Pichel está nominado a Mellor Chef Revelación.
Nas demostracións en vivo tamén participán do Restaurante Balarés (Ponteceso) e de Pementa Rosa, de Carballo

Tamén hai produtos de calidade como as legumes da Despensa de Lujo (Coristanco)

Máis novas

Comentarios