Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Eira celebra o seu 40º Aniversario cunha noite de música

Cremita Fest na Eira Bar
A Eira celebra o seu 40º Aniversario cunha noite de música

Día especial o de hoxe, venres 9 de setembro en Ponteceso. A Eira Bar, un dos epicentros culturais de Bergantiños, celebra o seu 40º Aniversario e faino cunha sesión de concertos, a partir das 21:00h, con entrada de balde, no marco do que será a II edición do Cremita Fest.

Abrirá a banda carballlesa “Tu Futura Ex Mujer”, co seu Retranca/pop. Seguirá o garaxe-surf dos tamén carballeses Playa desmayo, dando paso ao rap/trap londinense de L-Stress. Pechará a noite Susto, Gusto y Disgusto DJ´S.

Comentarios