Venres. 03.05.2024
El tiempo

Entendendo a crise no MAC

Entendendo a crise no MAC
O Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte, acollerá na xornada de mañá venres, 31 de agosto, unha conferencia baixo o título Crise económica actual. Será impartida polo vallisoletano Miguel Anxo López Mendo, Analista de Investimentos en Bolsa. López Mendo imparte a docencia como profesor de Bolsa na Escola de Directivos da Cámara de Comercio de Madrid. Segundo comentan dende o Concello de Ponteceso, “o momento actual no que vivimos fai que non haxa nada máis interesante para calquera cidadán que a información e a aclaración sobre temas tan candentes como son a economía en xeral e en especial o que nos afecta máis de preto, como son os recortes, as pensións, as participacións preferentes, a sanidade, o paro e o posible rescate”. Tamén aseguran que non hai ninguén mellor que López Mendo para explicar un tipo de cousas que “o conferenciante vive a diario no mesmo corazón onde se fraguan”. Coa conferencia se pretende responder de xeito claro e sinxelo as preguntas e as dúbidas do público que asista ao MAC cormelán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios