Esixen o arranxo dos desperfectos do paseo da Ribeira
07:34 06/10/22
A Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme leva semanas avisando ao alcalde de Ponteceso dos desperfectos que hai no paseo da Ribeira. O movido verán provocou numerosas fochancas que deixan ao descuberto a falta de mantemento.
A cousa metíase máis complicada esta semana, cando unha veciña caía por mor do mal estado do paseo, tendo que ser atendida por técnicos sanitarios.
Por iso, a veciñanza esixe que o Concello axilice as obras de reposición das lousas estropeadas tanto do paseo como da explanada da Ribeira.