"Esta ponte é un perigo!"
A veciñanza de Corcoesto convoca unha concentración este sábado para esixir a execución das obras da ponte de Xabarido
08:06 08/08/19
O pasado mes de decembro, o Concello de Ponteceso e a Deputación anunciaban o proxecto de rehabilitación da Ponte de Xabarido. Un proxecto que debería estar rematado a finais deste 2019, e que tiña un prazo de execución de 11 meses. Non lle saen as contas á veciñanza bergantiñá, que levan dende 2015 solicitando unha solución para esta perigosa ponte que une o concello de Ponteceso co de Cabana.
Por iso, convocan unha concentración para este sábado día 10 de agosto ás 12 horas do mañá, para pedir a execución das obras da ponte. “A ponte aínda non foi arranxada e parece demorarse indefinidamente, e esta ponte é un perigo, sobre todo polas fisuras dos piares”, sinalan os colectivos organizadores.
Novas relacionadas
- Decembro 2018: A nova Ponte de Xabarido estará rematada a finais de 2019.
- Agosto 2018: A Deputación licita as obras de reconstrución e ampliación da ponte de Xabarido sobre o río Anllóns.
- Xullo 2015: O Petón do Lobo consegue o arranxo da Ponte de Xabarido.
- Marzo 2015: Solicitan o urxente arranxo dunha perigosa fenda na ponte de Xabarido.