Estrean os 500 metros de senda polo río Anllóns en Ponteceso
Visitou o pasado venres a senda fluvial do Anllóns a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez. Acompañada do rexedor, José Manuel Mato, quixeron poñer en valor a vintena de obras de adecuación do uso público e actuacións de conservación en espazos naturais protexidos das catro provincias.
A costeira foi unha das 4 realizadas na provincia da Coruña, xunto dúas nas Fragas do Eume, outra no Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
A pontecesá trátase de case medio quilómetro dun sendeiro peonil de 1 km de lonxitude en total e que discorre paralelo ao río Anllóns. Cun orzamento de 50.353,70 euros, a actuación xa está rematada e consistiu na adecuación do itinerario existente mediante a súa pavimentación con xabre estabilizado con cemento e no acondicionado na contorna con céspede e o plantado de árbores, o que facilitará o seu percorrido para a veciñanza.
