Venres. 11.10.2024
El tiempo

Exposición e rutas nocturnas para as findes de Ponteceso

Exposicion de axulexo e Caminadas nocturnas en Ponteceso
Exposición e rutas nocturnas para as findes de Ponteceso

Un percorrido polos xogos e deportes tradicionais pero dun xeito diferente: reflexados en murais de azulexos. Así será a exposición ao aire libre da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), e na que colabora o Concello de Ponteceso e a Obra Social e Cultural de Subministros LAR-Cee.

A mostra "Xogos e deportes tradicionais en murais de azulexo" inauguraráse o sábado, 17 de xullo ás 12:00, no campo exterior de xogos do Centro Cultural de Ponteceso, espazo no que se poderá visitar ata o 3 de outubro.

Camiñar na noite

Tras o éxito da pasada edición, o Concello de Ponteceso organiza un ano máis “Camiñar na noite”, que contará con 8 rutas de 6 quilómetros cada unha, aproximadamente, e que se celebrarán cada venres desde o próximo 16 de xullo ata o 3 de setembro. As rutas realizaranse entre as 22:00 e as 12:30 horas, e será imprescindible levar máscara, lanterna e chaleco reflector.

As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana, de 09:00 a 14:00 horas, a través da sede electrónica do Concello ou presencialmente, o Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme. Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico [email protected].

Comentarios