martes. 09.06.2026
El tiempo

A FEP prepara un xuño de maridaxe entre a gastronomía e o patrimonio

Entre Ver Fundacion Eduardo Pondal COrme Aldea
A FEP prepara un xuño de maridaxe entre a gastronomía e o patrimonio

Este sábado 13 de xuño comeza unha marea de actividades arredor de dous proxecos da Fundación Eduardo Pondal. Se a FEP estrea “Entre ver”, un proxecto en clave de patrimonio, tamén dará saída á nova presentación do libro “Cociña do mar”, de Juan Bautista Mato Castro.

Entre Ver

Así, este mesmo sábado, en Na igrexa de Santo Hadrián de Corme Aldea, a partir das 20:00h, Xosé Manuel Varela dará presentación ao proxecto cun “Percorrido polo patrimonio artístico da parroquia de Santo Adrián de Corme” da man de Félix Neira Pérez e Suso Lista.

“Cociña do mar”

Xa o luns arrinca a serie de presentacións do libro gastronómico. Un libro que nace da man deste cociñeiro xubilado de Canduas, alma da Lareira de Baio. A primeira cita, en colaboración coa Asociación Cultural Campo do Río, será, como dicimos, este luns, 15 xuño, ás 20.00 h no Local Campo da Escola de Anllóns, e contará ademais cun obradoiro de cociña e contará co peche musical con Icía Varela e Haruna Chatani.

Repetirase o formato o martes 16 ás 20:00h (sempre á mesma hora) na Casa dos Veciños de Brantuas e Niñóns; o mércores no da Campara (ambas coa colaboración veciñal); e o venres no auditorio municipal de Baio, na que están implicadas Concello de Zas, Asociación Cultural Adro, Asociación Cultural Badius, CD Baio, Asociación de Veciños Tabeirón, Asociación de Empresarios Comarca de Soneira e Asociación BaiÓN.
Ademais, a semana que vén, o luns 22 estará no Museo de Corme (coa redeira Rosa Rodríguez e a coral Brisas do Mar; o mércores 24 no Local Social de Pazos; o xoves 25 de xuño no local social Os Seixos coa cesteira Teresa Seara e a música de Jesús Couto e Manuel Caridad; e o venres 26, como peche, na propia Fundación Eduardo Pondal, peco che musical cos acordeóns de Sara Varela e Sindo de Matío.

Boletín da Real Academia

Polo medio, o sábado 20, a igrexa parroquial de Santo André de Tallo acolle ás 18:00h a Presentación do Boletín da Real Academia Galega no que aparece un artigo de Domingo Blanco sobre a regueifeira Leonarda de Tallo. Haberá apertura poética a cargo de Carme de Pardiñas cun texto sobre Leonarda de Tallo, e intervirán Henrique Monteagudo (presidente da Real Academia Galega) e Domingo Blanco (autor).

Comentarios