Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Esta fin de semana, nova edición do Mercado Artesán “Marusía” de Corme

Presentación do Mercado
As Mulleres do Pobo presentaron o programa
Esta fin de semana, nova edición do Mercado Artesán “Marusía” de Corme

Durante a primeira fin de semana de agosto instalarase en Corme o Mercado Artesán “Marusía”. Despois do éxito da edición anterior, Mulleres do Pobo, en colaboración co Concello de Ponteceso, a Asociación de Veciños e a hostelería de Corme volve organizar este evento con diversas actividades para todos os públicos espalladas por diferentes puntos da vila.

Rakelua, Artesá do Coiro e parte de Mulleres do Pobo, anima a todo o mundo a visitar o Mercado e gozar da artesanía e da música tradicional.

O sábado (6 de xuño) ás 11.00h abrirá o mercado. Un pouco máis tarde, ás 12.00h será a quenda do pregón e das Pandereteiras do Roncudo. Logo, haberá un espectáculo dos Viqueiras e cabezudos ás 13.00h.
Xa pola tarde, actuará Koko Zancudo ás 18.00h, haberá unha mexillonada na praza da Ribeira-Millo Miúdo Gaiteiros arredor das 19.00h. Ás 19.30h, Xa Era Hora Gaiteiros e, pechan a xornada cun concerto, Maghúa.

O domingo (7 de agosto) abrirá o mercado ás 12.00h. Media hora máis tarde, haberá unha clase de ioga á beira do mar, na praza da Ribeira. A mediodía actuarán O Son do Castro Gaiteiros e Cé orquestra Pantasma. Pola tarde, ás 18.30h tocarán Maruxía Gaiteiros e, para pechar a fin de semana, na praza da Ribeira ás 20.00h, “A vida tola” Pajarito.

Mercado Marusía Corme

Novas relacionadas

Comentarios