Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A XXXVIII Edición da mostra de olería de Buño xa ten programa

  • Dende o 4 ata o 7 de agosto celebrase a XXXVIII Edición da mostra de olería de Buño.

 

Programa Mostra Oleria Buno 2022
A XXXVIII Edición da mostra de olería de Buño xa ten programa

A 38º edición da Mostra de Olería de Buño, volta un ano máis conservando a esencia da mostra, combinando tradición, modernidade e grandes doses de novidades. Faino cun amplo programa de actividades que arrincarán 
Nesta 38.ª Edición, que arrincará coa súa inauguración as 12:00 horas o xoves 4 de agosto. Con posterioridade inaugurarase a exposición de carteis “A mostra no Tempo”.
Unha demostración no torno, e o peche das casetas as 14:00 horas dará por finalizada a mañá deste primeiro día. As 17:00 horas volta a apertura das casetas ata chegadas as 21:00 horas, namentres, obradoiros de decoración de pezas, pasarrúas e contacontos, amenizaran a tarde.

O venres 5 de agosto abriranse as casetas ás 11:00 ata as 21:00 horas cun pequeno receso dende as 14:00 ata as 17:00 horas. Seguirán as demostracións no torno na praza de Santa Xusta ás 13:00 e as 19:00 horas, obradoiros de decoración de pezas, pasarrúas, charanga, e un obradoiro infantil, conformarán esta nova tarde que ademais contará coa presentación do libro “Buño de Seu” da autora María Barca ás 20:15 horas. O día rematará coa actuación musical “Tres soles del Paraguay” con Sito Sedes, ás 23:00 horas.

O día forte, nomeado como “Báilalle a roda”, será o sábado 6, comezará as 10:00 horas da mañá, coa ruta Olería de Buño a cargo de Volta Montana. A Mostra permanecerá aberta en horario ininterrumpido ata as 22.00 horas, do mesmo xeito que continúan as demostracións no torno, obradoiros de modelaxe de pezas, e a presentación dun libro, do autor Xosé María Varela Varela. As novidades serán os obradoiros de baile tradicional, tanto de mañá como de tarde. O día dividirao unha sesión vermú da man de Ailá e pecharao unha gran queimada popular e os fogos de artificio ás 01.00 horas.
Ademais, contaran con emisión en directo, a través da emisora de radio, Novahit ós días 5 e 6 de agosto, dende as 10:00 ata as 21:00  horas.

O domingo 7 de agosto, o fútbol tamén terá o seu lugar no torneo de fútbol feminino “Mostra de Olería”, a mañá virá seguida de demostracións no torno e unha representación teatral-musical. De novo unha sesión vermú amenizará Buño con Arredores.
A tarde do último día volve a comezar con fútbol, desta vez co torneo masculino. Xogos tradicionais de Buño con barro,  demostracións no torno e pasarrúas amenizaran a tarde, ata o seu peche as 21:00 horas, coincidindo coa clausura da Mostra da olería de Buño.

Comentarios