sábado. 18.01.2025
El tiempo

Fina Paulos e Oscar Rey Calo comparten o seu libro sobre Intelixencia Artificial en Corme

Fina Paulos e Oscar Rey Calo
Fina Paulos e Oscar Rey Calo
Fina Paulos e Oscar Rey Calo comparten o seu libro sobre Intelixencia Artificial en Corme

Este sábado 4 de xaneiro terá lugar en Corme, a presentación do libro “Intelixencia Artificial para a sociedade” de Fina Paulos é Óscar Rey, editado por Medulia Editorial. O acto que será presentado por Diana Varela Puñal, veciña de Corme, escritora e editora, unha das persoas que apoiou este proxecto educativo.

O evento consistirá nunha conferencia impartida polos autores do libro no que amosarán as algunhas ferramentas de intelixencia artificial que están presente na vida das persoas e que son tratadas no libro. Unha conferencia amena e divertida sobre IA apta para todos os públicos.
A actividade está organizada pola Asociación Cultural Ínsua de Viastela.

Fina e Óscar, autores deste proxecto, son profesionais cunha ampla experiencia en innovación educativa e no uso ético da intelixencia artificial. Ao longo dos anos, participaron en proxectos destinados a fomentar o impacto positivo da IA na sociedade, promovendo valores como a igualdade, o respecto pola diversidade e a ética no manexo destas ferramentas. Son profesores de ensino secundario no IES Maximino Romero de Lema, nas especialidades de Informática e Sistemas e Aplicacións informáticas.

Inspirados pola necesidade de achegar a IA a todas as persoas, os autores estruturaron o libro para guiar ó lector dende conceptos básicos ata aplicacións prácticas, sempre cun enfoque accesible e motivador. O seu compromiso non se limita ao ámbito técnico: tamén inclúe unha reflexión profunda sobre os desafíos éticos, sociais e legais que esta tecnoloxía implica.

Fina é finalista aos premios Educa Abanca a nivel estatal.

Fina Paulos e Oscar Rey Calo 2
Oscar e Fina asinando libros na presentación de Ponteceso

Unha obra de referencia para a cidadanía e a educación

O libro combina capítulos teóricos que explican a evolución e as aplicacións da intelixencia artificial con actividades prácticas que permiten ao lector experimentar coas súas posibilidades.

"Intelixencia Artificial para a sociedade" nace coa intención de apoderar á cidadanía galega para afrontar os retos e oportunidades que esta tecnoloxía trae consigo. Como destaca un dos autores: "A intelixencia artificial non é o futuro: xa é o presente, e está nas nosas mans utilizala dun xeito responsable e produtivo."
O libro xa está dispoñible nas principais librarías de Galicia e na web de Medulia Editorial.

Comentarios