Fina Paulos e Óscar Rey trasladarán a súa experiencia coa IA en Ponteceso

Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey recibindo un premio en Nigrán por un traballo realizado no IES de Baio

Ponteceso Cultura Permanente organiza un taller formativo en Intelixencia Artificial (IA) que terá lugar na biblioteca municipal o día 31 de agosto de 2024, de 11:00 a 13:00.

Impartirán o taller Fina Paulos e Óscar Rey, os premiados docentes do departamento de Informática no IES Maximino Romero de Lema de Baio e participantes no Congreso Mundial de Educación Educa 2024 cunha liña de traballo desenvolvida no campo da IA. Ademais, estes dous profesores realizaron unha curta-documental apoiándose na IA para romper as barreiras comunicativas e ensinar a realidade do síndrome de Rett.

As persoas interesadas deberán anotarse no enderezo electrónico pontecesoculturapermanente@hotmail.com e deberán dispor dun ordenador portátil ou unha tableta e un correo electrónico.

A actividade é gratuíta e conta coa colaboración do Concello de Ponteceso.

Máis novas