Fina Paulos e Óscar Rey trasladarán a súa experiencia coa IA en Ponteceso
Ponteceso Cultura Permanente organiza un taller formativo en Intelixencia Artificial (IA) que terá lugar na biblioteca municipal o día 31 de agosto de 2024, de 11:00 a 13:00.
Impartirán o taller Fina Paulos e Óscar Rey, os premiados docentes do departamento de Informática no IES Maximino Romero de Lema de Baio e participantes no Congreso Mundial de Educación Educa 2024 cunha liña de traballo desenvolvida no campo da IA. Ademais, estes dous profesores realizaron unha curta-documental apoiándose na IA para romper as barreiras comunicativas e ensinar a realidade do síndrome de Rett.
As persoas interesadas deberán anotarse no enderezo electrónico [email protected] e deberán dispor dun ordenador portátil ou unha tableta e un correo electrónico.
A actividade é gratuíta e conta coa colaboración do Concello de Ponteceso.
Máis novas