Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O IES de Baio, exemplo da aplicación da Intelixencia Artifical como ferramenta de adquisición de valores sociais e competenciais

Fina e Oscar do IES de Baio
Óscar Rey e Fina recollendoun premio concedido pola Axencia Galega de Doazón de Órganos
O IES de Baio, exemplo da aplicación da Intelixencia Artifical como ferramenta de adquisición de valores sociais e competenciais

Incorporar ás novas tecnoloxías, darlle un sentido útil, e demostrar que poden ser positivas para a adquisición de valores sociais e competenciais, é o gran fito que teñen alcanzado estes cursos Fina Paulos Lareo e Óscar Rey Calo. Os dous mestres do IES Maximino Romero de Lema de Baio, participaron esta semana nos "Premios Nacionales a Experiencias Educativas Inspiradoras para el aprendizaje”, convocados polo Ministerio de Educación.

Os mestres levaron varios proxectos sobre intelixencia artificial elaborados o IES o pasado curso, nos que crean diferentes vídeos usando ferramentas educativas abertas para traballar valores como a Igualdade de xénero, o Respecto polo medio ambiente, a Solidariedade, a Loita contra condutas homofóbicas ou mesmo a Loita contra adicións tecnolóxicas.

Ademais da implicación que conseguen co alumnado, que se envorca cando se utilizan ferramentas cercanas ao seu día a día, fan posible que a mocidade vexa estas tecnoloxías dende unha perspectiva tan formativa como lúdica.

Proxectos, algúns premiados

O centro presentou estes traballos a varios certames galegos e estatais, resultando nalgún deles premiados e á espera do resultado do fallo do xurado noutros traballos:

“Desafía as violencias TICs con intelixencia artificial”.

Alumnado de primeiro de bacharelato. Presentado ao concurso de microvídeos: “De fronte á violencia de xénero”, organizado pola Deputación da Coruña. Pendente do fallo do xurado.

“A doazón de órganos un acto de intelixencia moi natural”.

Solidariedade e importancia da doazón. Obtiveron o I Premio concedido polo Sergas. Alumnado de FP Básica do instituto.

“Educando na diversidade”

Alumnado de 1º ciclo medio e 1º bacharelato. Mención de honra no certame I concurso de curtametraxes de Nigrán. IV Semana da Diversidade Sexual de Nigrán. Sexualidade e Abusos sexuais.

“Frena la adicción tecnológica con "Inteligencia Artificial”

Alumnado de 1º bacharelato. “Concurso Adicciones: tu punto de mira”. Levado a cabo pola Asociación PDS – Promoción y Desarrollo Social en el marco del Programa “Tu Punto” de prevención de riscos derivados do consumo de drogas e outras conductas adictivas financiado pola Delegación do Gobierno para o Plan Nacional sobre drogas, Non resultou premiado.

“Precursoras en la lucha por la igualdad“

Alumnado de 1º ciclo medio e 1º bacharelato. Vídeo para o IX Concurso Nacional en Centros de Enseñanza e Universidades pola igualdade e contra la violencia de xénero, da Fundación Mutua Madrileña. Pendente do fallo do xurado.

“Senado por el clima”

Alumnado de 1o bacharelato. Concurso juvenil de cortometrajes “Senado por el clima” que ten por obxeto fomentar a implicación dos xoves na consecución dos obxetivos medioambientais da Axenda 2030, organizado polo Senado de España. Pendente de fallo.

Para a realización destes traballos, chegouse a contar coa colaboración do artista Rafael Navarrete, especialista en colorear fotos históricas e Sean Renner, artista alemán que puxo música a películas como “El vendedor de tabaco”, unha película sobre o nazismo en Austria.

Ademais, estes dous profesores participaron no “II certame internacional de cortometrajes sobre enfermidades raras”, creando unha curta que amosa a historia de Daniela Garrido, unha rapaza de Ponteceso, que padece síndrome de Rett, querendo dar a coñecer esta historia de superación. O traballo resultou gañador por votación do xurado popular.

Novas relacionadas

Comentarios