Martes. 23.04.2024
El tiempo

Flores, aves e Letras para as Letras Galegas do Couto

Suso Cubeiro pintou a Rabunal Patino
Suso Cubeiro pintou a Rabunal Patiño co gallo das Letras Galegas
Flores, aves e Letras para as Letras Galegas do Couto

Coma cada ano, un dos epicentros culturais de toda Galicia arredor do Día das Letras galegas é no Couto. A pequena aldea pontecesá convírtese nun fervedoiro de cultura por estas datas, e este 2021 non vai ser diferente, cun completo programa chamado “Ai vén o maio”, volvendo poñer de máxima actualidade a etiqueta #odezasete.

Xa este pasado sábado comezaban as accións coincidindo co Día Internacional das Aves migratorias. O acuarelista Suso Cubeiro dirixiu o Observatorio Ornitolóxico “Eduardo Pondal”, no que unha ducia de crianzas puideron ter unha sesión de observación e outra de pintado de aves. Pero o gran protagonista foi José Luis Rabuñal Patiño, que ademais de guiar a sesión ornitolóxica, recibiu o agasallo “Bo e Xeneroso”.

O sábado, 15 de maio, conmemorarase o 30 cabodano de Isidro Parga Pondal, os 10 anos do documental Titania SA e os 50 anos dende que a finca de Balarés é propiedade da Deputación. Para iso, haberá unha escenificación de Yago Espasandín, unha sesión de bateado de ilmenita a cargo do xeólogo Fran Canosa e uns apuntamentos históricos de Félix Neira. Ademais, proxectarase o mini documental Titania SA, coa presenza de Omar Rabuñal e farase entrega dun pequeno agasallo aos traballadores e traballadoras da mina.

#Odezasete

Festival das Letras Galegas do Couto 2021

Xa non hai entradas para a gran cita da tarde do 17 de maio. Caamaño &Ameixeiras, Irma Macías, Adrián Méndez e Paula Blanco e Os Farrapos deleitarán a partir das 17:30h aos que foron rápidos reservando as entradas.

Antes, pola mañá haberá un percorrido polas placas de barro elaboradas pola oleira Carmen Isabel. Durante a camiñata soarán as gaitas dos gaiteiros de Inllar.

Outros programas das Letras Galegas

Novas relacionadas

Comentarios