Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Soraya Lema espalla a maxia dos Penedos de Traba e Pasarela polos coles do país

Soraya Lema coa súa Pedriña na Montana
Soraya Lema coa súa Pedriña na Montana
Soraya Lema espalla a maxia dos Penedos de Traba e Pasarela polos coles do país

Divertida, máxica e impactante é a obra que a vimiancesa Soraya Lema está levando polos coles do país. A ‘Pedrina na montaña’, unha historia que se se desenvolve nos Penedos de Traba e Pasarela, percorre os centros de ensino a través da Rede das Bibliotecas. Ten pasado por Baio, Monforte ou Camariñas pero a visita destes días, no marco da Semana da Biblioteca do Concello de Vimianzo, foi especial. As criaturas das unitarias de Carnés, Carantoña e Castromil, e do CEIP San Vicenzo, disfrutaron ao máximo e aprenderon o valor patrimonial e natural deste enclave máxico.

A historia ‘Pedrina na montaña’ céntrase nunha pequena, que a raíz dun conflito do seu avó, fuxe cara a montaña. Inspirándose nos poemas de Pondal, descobre que tocando o pasodobre de San Roque fai espertar a cada unha das pedras da montaña. Aí cobran vida as pedras, e xunto o barco e o paisado, dan forma a este conto.

  • QPC: Canto tempo levas con este proxecto?

A obra estreeina o ano pasado na Muiñada de Vimianzo, e fun mellorándoa en coles coñecidos o outono do ano pasado. Quería empezar oficialmente en marzo na Rede das Bibliotecas, pero… . E agora estiven en Baio, Monforte, Camariñas, e esta semana por aquí, pola casa. E espero que pronto ir contando a historia por moitos máis lugares, claro.

 
  • QPC: Que é o que máis lle sorprende á cativada da casa?

Pois foron actuacións ben bonitas. Houbo rapazas de todas as idades, de 4 anos ata os maiores de 6º de Primaria. E a verdade é que responderon moi ben, riron, disfrutaron, e interactuaron moito, ata o final que preguntaron que lle ía pasar a tal personaxe…

É certo que aínda que [email protected] aínda non coñecen os Penedos, si que conectan algo máis ao dicirlles que iso está aquí ao lado. Pero a obra é universal e permite que todo o mundo conecte con ela.

  Soraya Lema coa Pedrina na Montana 2

  • QPC: Ademais, o proxecto é ‘made in’ Costa da Morte’ ao completo, verdade?

Pois si. Os debuxos son da miña profesora de cando era nena de pintura, Puri Lema. Xesús Toba, que é o conserxe do colexio de Muxía, fixo as figuriñas. Por exemplo, Pablo Alvite axudoume co vídeo…

Tamén tiven axuda da xente do SEMESCOM, porque estiven lendo moito sobre a simboloxía da pedra en Galicia, sobre estes Penedos.

 

  • QPC: Que outros proxectos tes?

Pois eu sfago traballo social, pero a miña paixón é esta. De feito, este proxecto naceu da necesidade de, estando traballando noutra cousa, ter algo para depender de min mesma, para encherme. A día de hoxe este é o proxecto que quero mover, pero como tamén estudiei teatro xestual, mesmo en Francia, Bélxica ou Menorca… teño feito outras cousas, como unha que fixen en Suiza baseada no cine mudo moi chula.

 :

 

  • QPC: E ademais, es unha das bravas do colectivo feminisa As Curandeiras de Vimianzo. Como o levades?

Estamos aí, por susposto, algo máis aparcadiñas dende o confinamento, pero volveremos dar vida, facernos ver, e crear cousas xuntas. Pronto chega o 25N e teremos que facer algo, con precaución porque somos moitas, pero algo hai que facer.

Novas sobre os Penedos

comentarios