Venres. 04.10.2024
El tiempo

Fotodesfeita: Un perigoso muro no peirao de Balarés

Muro en mal estado en Balares
Fotodesfeita: Un perigoso muro no peirao de Balarés

Un veciño da zona vén de denunciar o perigo, dende hai máis de 2 anos, que representa un muro en mal estado no peirao de Balarés. Unha zona de pescadores, e unha zona que durante o verán se enche de visitantes, locais e de fóra.

”Alguén que se apoie, ou un simple coche dando marcha atrás pode acabar en traxedia”, relata o veciño, que fai un chamamento ás administracións (ben sexa o Concello, Costas ou Portos) a tomar medidas.

Comentarios