Imputados 3 veciños por cazar con lazos na Costa da Morte


Seguimos comprobando que as prácticas de caza furtiva na Costa da Morte son unha realidade. Hoxe, Axentes da Garda Civil adscritos ao Seprona de Corcubión, xunto con outros do Posto de Ponteceso, imputaron este pasado fin de semana a tres veciños da comarca de Costa da Morte, como supostos autores dun delito contra a flora e a fauna. Segundo as investigacións levadas a cabo polo instituto armado os homes colocarían polo menos 17 lazos aceirados, para a caza furtiva de animais, en distintos lugares dun monte de Neaño, Ponteceso.
A investigación levaba en marcha desde facía aproximadamente un mes e en ese tempo os gardas chegaron a atopar, nas citadas trampas, catro jabalíes mortos e dous esqueletos que ben poderían ser dun raposo e un lobo. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número Dous de Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).