xoves. 11.12.2025
El tiempo

Instalan unha nova rede de refuxios para aves e morcegos en Balarés

Caixa niño morcego balares
Caixa niño morcego balares
Instalan unha nova rede de refuxios para aves e morcegos en Balarés

A Deputación da Coruña levou a cabo onte a instalación dunha rede de refuxios destinados a favorecer a presenza de aves e morcegos no pinar situado xunto á praia de Balarés.

A deputada de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García, participou xunto ao Grupo Naturalista Hábitat na colocación de 52 caixas refuxio, que permitirán mellorar as condicións de hábitat da fauna local nunha zona afectada polos incendios de agosto de 2025.

Instalando ninos de morcego en balares

As caixas, fabricadas en cemento de madeira para garantir maior durabilidade e un mantemento mínimo, contribuirán a recuperar poboacións de especies clave para o equilibrio ecolóxico da área, especialmente no control natural de pragas e na restauración progresiva da masa forestal.

“Este proxecto representa un compromiso claro da Deputación coa conservación da fauna autóctona e coa restauración ambiental das áreas afectadas polos lumes deste verán. Son actuacións cun impacto directo na mellora da biodiversidade e tamén na protección do bosque fronte a pragas”, subliñou Rosa Ana García.

A actuación complétase coa instalación de paneis informativos para promover a divulgación ambiental entre a cidadanía e explicar o papel esencial das aves e os morcegos nos ecosistemas.

Comentarios