Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Jesús e Alberto arrincan o seu Camiño solidario entre Irún e Brantuas

Jesus Garcia e Alberto Castro presentando a viaxe solidaria
Jesús García e Alberto Castro presentando a viaxe solidaria
Jesús e Alberto arrincan o seu Camiño solidario entre Irún e Brantuas

Xa o ano pasado fixeron 1772 km de solidariedade. Pero a estes dous pontecesáns non lle para a cabeza. Nin as pernas. Porque son auténticos amates das dúas rodas e 6 dias á semana saen coas súas bicicletas de montaña a percorrer 50-60 km diarios polo monte Perrol, o Monte Neme, o Monte Branco, Razo…

Este ano, Alberto Castro e Jesús Garcia volven coller a bici e lanzar un desafío máis longo. Presentárono onte no Lar de San Fins, en Anllons, arroupados polas xentes AC Campo do Río e a A.C. Nosa Señora do Faro de Brantuas e NIñóns. Alberto e Jesús volven facer a súa viaxe solidaria, desta volta facendo o camiño do norte dende Irún.

Presentando a viaxe solidaria de Jesus e Alberto en Anllons coa AECC
Presentando a viaxe solidaria no Lar de San Fins

Se o ano pasado acabaron en Fisterra, este ano a novidade é que rematarán na Torre do Faro de Brantuas, aproveitando a Vía Céltica, o novo camiño xacobeo que une Compostela cos portos de Bergantiños e a Costa da Morte. Un camiño que coñecen ben, pois xa teñen colaborado coa Asoc. Costavales na súa sinalización pola zona.

Todo co afán solidario de colaborar coa Asociación Española contra o Cancro. Co lema 1km=1euro, eles páganse todos os gastos, e o colleitado nos porquiños-hucha cos que conta cada unha das asociacións, irá para o grupo local da AECC.

Moita sorte!

porquino hucha 1km 1euro

Máis novas

Comentarios