Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Juan Vidal volve ás súas raíces

O rapeiro cormelán Juan Vidal ten en marcha un tema sobre o mar de Corme
O rapeiro cormelán Juan Vidal ten en marcha un tema sobre o mar de Corme
Juan Vidal volve ás súas raíces

Aínda non o podemos ver, pero o novo temazo de Juan Vidal vén en clave mariñeira, en clave de Corme. O rapeiro cormelán ten perfilado xa o seu primeiro tema en ghallegho, e espera á seguinte visita á súa terra para gravar e lanzar o vídeoclip que pretende reflexar a vida do percebeiro, a vida do mar en Corme e na Costa da Morte.

Residente en Barcelona dende hai uns anos, Juan marchou de Corme os 8 anos cara Formentera noutra historia familiar típica da emigración galega. Pero sempre se considerou “ghallegho de corazón”, como así o ratifica o seu acento “pesco”.

Leva escribindo música dende os 12 anos, publicando hiphop combativo, en castelán (como o último “Dime cuanto vales” que vemos abaixo) , pero se cadra, este confinamento levouno de volta ás súas raíces. “Este tema sae de moitas cousas, pero pode que si, que en parte saia de ter tanto tempo para pensar nas cousas que un quere, atopándome a min mesmo na casiña”.

Da man do seu curmán, o patrón do pósito Roberto Vidal, comezou a darlle voltas a esas vidas que quedaron alá, no fondo do mar, de “toda a xente que morriu en Corme”, e “de toda a esa xente que viven do mar meus avós, meu pai, meus primos…”.

Agora xa ten o tema case listo, coa ferrada, o Roncudo, o “cemiterio azul” da Costa da Morte, e a morte, como protagonistas. Toca esperarmos polo vídeoclip, pero polo de pronto aquí o vedes rimando:

comentarios