Un libro alegato da "nación cormelá" e un quilo de patacas de Ourada

A presentación realizouse na Ribeira

Emocionante presentación a vivida este pasado sábado na Ribeira, en Corme. Nunha agarimosa tarde Suso Lista presentaba “Travesía” dicións Embora], a obra que completa o ciclo de elementos que abriu con Salseiros (2014) (auga), e seguiu con Xeixos (2015) (terra) e Charamuscas (2017) (lume). “Travesía é o peor vento que hai ademais, o nor-noroeste”, explica o autor.

Suso Lista con Xose Manuel Varela e Oscar Rey Calo

Lista estivo arroupado por Xosé Manuel Varela e Óscar Rey Calo, que loubaron o traballo e a capacidade de contar historias dun dos veciños máis ilustres do corme actual. “Travesía é unha obra clave para entendernos como pobo. É un agasallo inmortal para a literatura galega, que pon o foco na nosa esencia e na nosa identidade colectiva”, relatou Rey Calo. O mestre agradeceu o alegato en favor da “nosa pequena nación cormelá” e a capacidade “dun home cheo de ideas, construtor de novas realidades e dono dun fluxo de conciencia constante”.

Lembraron tamén lembrou que no libro hai Pondal, Cunqueiro ou Ferrín, pero dende o ton desenfadado deste contador.

O remate foi aínda máis emocionante, cando Silverstre, un dos produtores das patacas de Ourada, unhas patacas pontecesás que aparecen ben destacadas no libro, regalou un quilo das súas patacas por cada libro comprado.

En breve estará dispoñible en Embora.

OUTROS ARTIGOS DE SUSO LISTA

Novas sobre Suso Lista