O libro gañador do Premio de Poesía Concello de Ponteceso Eduardo Pondal xa está na rúa
Aló por maio coñecíamos que a xalleira Carme Caramés se convertía na primeira gañadora do Premio de Poesía Concello de Ponteceso Eduardo Pondal. Un fito histórico para Ponteceso e a Costa da Morte que aspira a poder afianzar outro galardón poético, ao compás do Premio de Poesía Gonzalo López Abente e do Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas.
Así o expresa a responsbale da organizadora Editorial Medulia, Diana Varela Puñal, que anuncia que acaba de saír do prelo o libro gañador, Da casa, do mar e das ausencias.
”Acabamos ainda de recibilo da imprenta, e nas próximas semanas mandarémolo á distribuidora para que estea dispoñible en todas as librarías de Galicia así coma no Corte Inglés, con quen acabamos de asinar un contrato para que se visibilicen os nosos libros”, explícanos Puñal.
Ademais, explica que farán fincapé para que o libro estea presente en todo Ponteceso, e tamén en Santiago e Santa Comba, as terras da autora.
Novas relacionadas
- Diana Varela Puñal: "Sempre é necesario que a xente lea máis, e particularmente poesía”.
- A xalleira Carme Caramés estrea o Premio de Poesía Concello de Ponteceso Eduardo Pondal.
- Ana Varela Miño leva o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente.
- A Cea das Letras, o emotivo punto de encontro da poesía erótica galega.