domingo. 10.11.2024
El tiempo

A lingua medra no CRA Nosa Señora do Faro

A lingua medra no CRA Nosa Señora do Faro

Fermoso e necesario o minidocumental que vén de facer o Consello da Cultura Galega (da man de “La mujer forzuda”) no Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro de Ponteceso no marco do proxecto #Aquímedraalingua. Un centro que reúne 6 escolas de Ponteceso, Malpica e Cabana e que supón un verdadeiro exemplo da importancia das escoliñas rurais para o mantemento da nosa lingua, nestes tempos de centralización e recortes.

Noelia Garrido (nai de alumna), Mercedes Castro (avoa de alumno) e Adolfo Castro (veciño da Escola), contan as súas vidas ligadas á Escola, pero tamén as mestras Sara Varela e Soraya Remuiñán, explican como se artella unha pequena escoliña rural para manter viva a nosa lingua (aseguran que saen falando galego sempre tralos seus 5 anos de escolarización).

Precisamente a integración na contorna, as saídas ao monte para falar coa veciñanza, o aproveitar o traballo dos Concellos, e sobre todo de entidades comprometidas como Fundación Eduardo Pondal ou Senda Nova, desexosas de entrar nas escolas, é fundamental para que a cativada recoñeza a importancia da nosa lingua. Julia Ures, da FEP, tamén dá conta do orgullo da comunidade rural bergantiñá.

Comentarios