Marea vermella no PP de Ponteceso
Cando parece que a vida política municipal non pode dar máis sorpresas, algo sempre aparece. Nesta volta na casa onde as augas parecían estar máis tranquilas, na do PP. Tras máis de 2 anos de traballo a pé de rúa de Daniel García Cotelo como voceiro municipal, o grupo popular vén de decidir, substituílo como voceiro municipal.
Unha decisión tomada polas dúas concelleiras, compañeiras ata onte de García Cotelo, para situar a Marta Carrillo como nova voceira, co consentimento da Agrupación Provincial e sen terllo comunicado ao propio García Cotelo.
Ante esta situación, García Cotelo vén de presentar a súa dimisión do PP de Ponteceso solicitando a baixa como afiliado, “ante a falta de confianza” da provincial. “Non hai que esperar do favor nin temer da arbitrariedade”, sinala no comunicado de despedida.
Pasa así ao grupo dos non adscritos, onde xa están os 5 edís expulsados do PSOE.