As Mulleres do Pobo de Corme volven a organizar o Mercado Artesán "Marusía"

07:41 07/06/22
Esta edición de Marusía abrirá o sábado a partir das 11:00 horas no Xardín Vello e as 12.00 horas será o pregón. Serán dous días intensos cargados de diversas actividades que amenizaran as xornadaes e que terán lugar en diferentes puntos da vila.
Todos os visitantes ó mercado artesán, nenos e nenas e adultos, poderán participar dunha clase de ioga á beira do mar, de música variada, entre outras actividades.
Programa
Sábado 6:
- 11.00h Apertura do mercado.
- 12.00h Pregón e Pandereteiras do Roncudo.
- 13.00h Os Viqueiras e cabezudos.
- 18.00h Koko Zancudo.
- 19.00h Mexillonada na praza da Ribeira- Millo Miúdo Gaiteiros.
- 19.30h Xa Era Hora Gaiteiros.
- 22.00h Maghúa concerto. Queimada a Foliada..
Domingo 7:
- 12.00h Apertura do mercado.
- 12.30h Ioga á beira do mar na praza da Ribeira.
- 13.00h O Son do Castro Gaiteiros. Cé orquesta Pantasma.
- 18.30h Maruxía Gaiterios.
- 20.00h “A vida tola” Pajarito (na praza da Ribeira)