O Mercado Artesán "Marusía" volverá encher Corme de vida
Tralo éxito e fantástico ambiente do que disfrutou Corme ca primeira edición do Mercado Artesán "Marusía”, tocaba repetir experiencia. Co Galeón indultado á cabeza, a vila mariñeira volverá vivir este vindeiro sábado 24 de xullo unha nova edición deste mercado, artellado pola Asociación Mulleres do Pobo e coa colaboración municipal.
Dende as 11:00 horas o Xardín Vello encherase de postos de artesanía de todo tipo, e ademais están programadas diversas actividades paralelas que terán lugar en diferentes puntos da localidade, como a celebración dunha clase de ioga á beira do mar (ás 12:30h con Lila Búa), circo (ás 18:30 na Praza da Ribeira con Duende Circo), varias actuacións de música (As Raigañas de Cerqueda ás 19:30h e os Farrapos Vellos ás 20:30h e Foliada a partir das 23:00h), ou ata o conxuro da queimada (ás 23:00h).
Rakelúa é unha das artesás de Corme
O Galeón de Mourelle
Nova charla no MACCMO
Como está de vivo o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO). Libros, conferencias, artes… Hoxe mesmo, martes 19 de xullo, ás 19:03 horas no en Corme, celebrarase unha conferencia a cargo de Ilia Galán (Miranda de Ebro, Burgos, 1966), titulada "Sabiduría oculta del Camino de Santiago”.
O escritor, poeta, filósofo e xornalista Javier Díez Galán, coñecido no mundo literario e filosófico como Ilia Galán, está pasando uns días en Corme (Ponteceso), becado pola Fundación Torre-Pujales. O autor é Licenciado en Filosofía pola Universidade de Navarra, en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Información de Leoia (Euskadi), e Doutor en Filosofía da Arte pola Universidade Complutense de Madrid.
É, ademais, profesor titular de Estética e Teoría da Arte na Universidade Carlos III de Madrid e investigador e profesor invitado nas universidades de Oxford, Harvard, La Sorbona (París), Cambridge, New York University... É columnista habitual na sección de opinión do diario La Tribuna, no Diario de Burgos, Diario Palentino, o Adelantado de Segovia, Diario de Ávila, Diario de León, El País... Conta no seu haber con cerca dunha treintena de obras de ensaio, relato, poesía e filosofía.