Novas melloras na estrada entre Ponteceso e A Pedra


Algo máis de 800.000€ chegados da Deputación servirán para acometer as obras de ampliación e mellora da estrada CP-1402, a estrada que une Ponteceso e A Pedra polo Bosque, ao seu paso polo concello pontecesán. En concreto, actuarase dente o punto quilómetrico cero ata o 4,280, cunhas obras que permitirán a mellora da capa de rodaxe e a proxección de pasos salvacunetas nas interseccións e nas zonas semiurbanas.
Ademais, se ampliará a estructura existente situada no punto quilométrico 1,280 coa construción dunha losa continua de nove metros de ancho conformada por dous carrís de tres metros, beiravías de 0,50 metros e beirarrúas de 1 metro.
Así mesmo, proxéctanse dous muros de formigón armado cunha altura dun metro no punto quilométrico 1,300. O proxecto recolle tamén a restitución das estradas e os camiños de acceso á CP-1402.
Novas relacionadas
- 3 millóns de euros para as obras do POS nos Concellos da bisbarra.
- Unha Semana Santa devota en Corme.
- Ponteceso bótase aos Pinchos por Semana Santa.
Fonte
- Deputación.