O POL segue sen convencer aos veciños de Ponteceso a pesar das explicacións da Xunta


Este pasado luns un grupo de veciños afectados polo Plan de Ordenación do Litoral de Ponteceso xuntábase no Bar Madison para estudiar a situación. Malia que dende o Concello aseguren que o POL e o PXOM van na mesma dirección, os veciños aseguran que o POL si que afecta aos núcleos rurais, como os de O Rueiro.
Hoxe, a Xunta esfórarse en explicar en que o "Plan de Ordenación do Litoral non achou ningún solo incompatible neste concello", e lembra aos veciños de Ponteceso que "o POL non é de aplicación nas edificacións existentes nin nos solos urbanos consolidados ou de núcleo rural".
Explican que "a meirande parte da superficie onde é de aplicación o POL corresponde con solos urbanizables non delimitados, cuxa compatibilidade verificarase no momento da súa tramitación". E denuncian que "é incomprensible que se estea a intentar confundir ás persoas afirmando que o POL pode afectar ao solo urbano consolidado ou de núcleos rurais cando a lei di claramente outra cousa".
En Ponteceso
En Ponteceso o Plan xestiona 1.513 hectáreas, o que supón o 16% da superficie total do concello. Nesta superficie non achou ningún solo incompatible. A meirande parte da superficie onde é de aplicación o POL corresponde con solos urbanizables non delimitados (G4), que aínda que non iniciaran a súa tramitación por tratarse de ámbitos suxeitos a unha necesaria delimitación previa ao seu desenvolvemento. Será no momento da tramitación do correspondente plan de sectorización cando se verificará o cumprimento dos principios, criterios e normas xerais do POL.
Máis información sobre o POL
Segundo consta na normativa, que é facilmente visible a través da web www.xunta.es/litoral, as edificacións e usos legalmente implantados antes da entrada en vigor do presente plan (que foi o 24 de febreiro) poderán seguir desenvolvendo a súa actividade con independencia da súa conformidade co Plan de Ordenación do Litoral. Ademais, tal e como consta tamén na normativa do POL, este plan non será de aplicación ao solo clasificado como urbano consolidado e de núcleo rural polo planeamento urbanístico vixente á súa entrada en vigor.Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.
- La Voz de Galicia.