Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Porto de Corme non está listo ata comezos de ano

O Porto de Corme non está listo ata comezos de ano
[/caption

Unha visita máis ao porto de Corme por parte das administracións. Se o pasado 1 de setembro o Presidente de Portos de Galicia anunciaba que o porto cormelán estaría listo a finais de setembro, na mañá de onte, o presidente do ente público, José Juan Durán, achegábase á vila, pero o facía para anunciar a súa posta en funcionamento.

Fíxoo para anunciar "o inicio das obras de instalación desta maquinaria que permitirá unha correcta ordenación das embarcacións fondeadas". E de paso, lembrar que "Portos de Galicia investirá 37.275 euros na instalación dun tren de fondeos" no porto cormelán.
Esta dotación beneficiará ao conxunta das embarcacións pesqueiras de medio e pequeno porte.

A pasada mañá, Durán Hermida asistía á fabricación do primeiro dos bloques de formigón que suxeitarán as cadeas, que demarcarán o espazo adxudicado a cada fondeo. Os bloques pesarán entre 3 e 6 toneladas e todos os fondeos disporán de cabos e boias de sinalización.

O prazo de execución da obra é de dous meses, polo que se espera que o tren poida entrar en funcionamento a principios do vindeiro ano.

Novas relacionadas

  • ASOAR leva a voz dos mariñeiros ao Parlamento Europeo.
  • Fonte

    • Nota de prensa de Portos de Galicia.

    Comentarios