Martes. 23.04.2024
El tiempo

O primeiro MAC da Costa da Morte

O primeiro MAC da Costa da Morte

Corme contará, dende o vindeiro sábado, co primeiro MAC da bisbarra. Isto é o primeiro Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte. Longo foi o camiño da Fundación Torre Pujales e da brava Cristina Torre Cervigón, principal benefactora deste Museo. E aí está por fin.
Este sábado 7 de abril ás 12.00h terá lugar a inauguración no propio edificio, na Rúa Real 14, de Corme.

E por certo, en breve visitaremos o Museo do Xoguete, outro pioneira aposta dende o Concello de Ponteceso.

Un dos que viviu, e vive, de cheo o todo o proceso de creación do museo é Óscar Rey. Rey agradece a valentía de Torre Cervigón e considera que "merece todo o recoñecemento pola súa aportación ao desenvolvemento socio-cultural de Corme, pobo polo que moitos eruditos nin apostaron nin apostarán. No medio dun escenario de crise, este tipo de iniciativas tennos que dar forzas e ánimo para loitar polo progreso da nosa terra".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios