O primeiro MAC da Costa da Morte
Corme contará, dende o vindeiro sábado, co primeiro MAC da bisbarra. Isto é o primeiro Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte. Longo foi o camiño da Fundación Torre Pujales e da brava Cristina Torre Cervigón, principal benefactora deste Museo. E aí está por fin.
Este sábado 7 de abril ás 12.00h terá lugar a inauguración no propio edificio, na Rúa Real 14, de Corme.
E por certo, en breve visitaremos o Museo do Xoguete, outro pioneira aposta dende o Concello de Ponteceso.
Un dos que viviu, e vive, de cheo o todo o proceso de creación do museo é Óscar Rey. Rey agradece a valentía de Torre Cervigón e considera que "merece todo o recoñecemento pola súa aportación ao desenvolvemento socio-cultural de Corme, pobo polo que moitos eruditos nin apostaron nin apostarán. No medio dun escenario de crise, este tipo de iniciativas tennos que dar forzas e ánimo para loitar polo progreso da nosa terra".
Máis información
- www.fmactorrepujales.com.
- Cultura Galega: Reportaxe sobre o MAC: A costa artística.
Novas relacionadas
- A Cerámica de Buño exponse en Madrid a través da Fundación Torre-Pujales.
- En marcha o novo museo do Xoguete da Fundación Torre Pujales.
- Ra del Rey trouxo as historias secretas do cinema á Fundación Torre Pujales .
- Torre Pujales achegounos á cultura do aceite de oliva.
- A escultura grega atraca en Corme .
- A Fundación Torre Pujales, de luto pola morte dunha das súas mecenas.
- Manolo Oyonarte achégase ata Corme para deixar o seu legado na Fundación Torre Pujales.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).